22.12.10




Dende a diáspora deséxovos que teñades unhas felices festas,
e un próspero aninovo.

Continuade a traballar polo galego,
moita forza...


25.10.10

¿Onde está o ben? ¿Onde está o mal? - Ricardo Carvalho Calero

1. Recitado de poesías de Ricardo Carvalho Calero
O día 27 de outubro de 2010, na antiga capela do centro Torrente Ballester, co gallo da conmemoración do centenario do seu nacemento, rendéuselle unha homenaxe ao profesor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.
O IES Sofía Casanova participou xunto co CEIP Recimil, o conservatorio Xan Viaño de Ferrol e os IES Carvalho Calero, As Telleiras, Saturnino Montojo, Concepción Arenal e Canido.
A homenaxe particular do noso centro consistiu no recitado do poema “Onde está o verso ? Onde está a prosa?”, pertencente ao libro do autor titulado Futuro Condicional, xunto cunha presentación en power point con corenta imaxes alusivas ao poema e a música da canción O son do ar de Luar na Lubre.
As imaxes foron pasadas por Emérita Álvarez Gómez (4º A), Sofía Querol Herrero (3º C) fixo as fotos e unha coidada posta en escena correu a cargo do seguinte alumnado:
Cristina de Castro Rodríguez (4º B)
Catuxa Picos Rodiles (4º A)
Sofía García Conzález (4º A)
Nuria García Fonte (4º A)
Inés Amarelo García (4º B)
Adrián Rodríguez Nicolás (4º B)

7.10.10

OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN


Se o desexas podes asinar o manifesto OS MEDIOS EN GALEGO IMPORTAN, para que as administracións públicas tomen a decisión de axudar aos medios en galego, no enlace que figura na imaxe.

5.6.10

Un relato curto


Animeime a colgar este relato que fixen nun día de furia. Espero que vos guste.

4.6.10

Federico Pedreira Nores premiado no XVII Certame Literario de Cambre



O alumno de 2º de Bacharelato Federico Pedreira Nores acadou o segundo premio do XVII Certame Literario de Cambre, organizado polo concello de Cambre e polos IES Alfonso X e David Buján.

Parabéns a Federico por este novo galardón!

25.5.10

Os nen@s tamén xogan en galego

Un vídeo da asociación da hortiña, que se creou para que as crianzas de Ferrolterra poideran xogar en galego. Os nenos e nenas amósannos que aínda non teñen ningún rexeitamento pola lingua, espero que esta xeración teña a oportunidade de manter as súas raices.
Un bico para todos, sodes uns amores e seguide falando tan ben.

8.4.10

EU FALO

Se queres ver uns videos, grabados por xente que quere deixar a súa reflexión sobre os idiomas en Galicia, podes ir a esta páxina: http://eufalo.tv/ e saberás o que se coce por este pais noso, o que pensamos a cerca das linguas e, sobre todo, os prexuízos que siguen imperando con respecto do galego.
Animádevos a grabar un vídeo e enviádeo, seguro que todos temos algo que aportar...Esto vai sobre todo por ti, Carla...

26.3.10

Entroido 2010

Comparsa de 1º B, gañadora do segundo premio.

Título da comparsa: O Tsunami

Compoñentes:

  • Lucía Díaz Fabuena
  • Laura Mª Freire Comeselle
  • Ana Irazu Paz
  • Lucía Roque Rivera
  • Aida Vázquez Pardo

Noraboa

XVII certame de poesía "RICARDO CARVALHO CALERO"


XI certame de relato curto "CHARLES DARWIN"


25.2.10

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

Temos novos colaboradores nos equipos de normalización.
Que vos parece?...
Estamos ou non orgullosos de falar galego?...
Eles parece que si, e que non teñen nigún prexuízo en falalo onde se atopen.
Xa está ben de sentirnos inferiores!!!

Somos o mellor... Somos lo máximo...
We are the best...

21.2.10

Noraboa!!

Noraboa!! para Tosar que ademais de ser un gran actor é un gran galeguista.
Querémoste e admirámoste, síguenos deleitando con papeis como este e sigue sendo tan boa xente e tan natural como só o saben ser os máis grandes.
Que sorte que sexas galego...

14.2.10

Por Haití


Por iniciativa dos rapaces/as do ciclo superior de Educación infantil do I.E.S. Sofía casanova fíxose unha recadación en solidaridade con Haití.
Os alumnos/as de este ciclo tíñamos a necesidade de facer algo en favor das víctimas do terrible terremoto que asolou esta illa. As imaxes impresionantes da tele e dos xornais fixéronnos recapacitar e pensar en todos eses nenos/as que están a quedar sen fogar e sen familia as máis das veces.
Como somos un ciclo moi sensible a todos os problemas da infancia, neste caso, sentimos que non podíamos quedar de brazos cruzados, polo que propuxemos á dirección facer unhas xornadas nas que toda a comunidade educativa deste centro tivese a oportunidade de aportar o seu grao de area pola causa de Haití e, regalamos uns marcapáxinas que nos lembraran que entre todos podemos chegar a mellorar as condicións de vida dun lugar, tan lonxano no mapa pero, que está tan preto do noso corazón.
Desexamos dar as grazas pola vosa participación, que irá íntegra para Unicef, tal e como decidimos por maioría.
Esperamos que non quede aí a nosa proposta e que moitos centros nos sigan e fagan realidade esta mensaxe que queremos transmitir:
"Xuntos podemos facer un mundo mellor, un mundo que non teña máis fronteiras que poñan freo a esta merea de solidaridade".
Haití
View more presentations from merno.

2.2.10

"Non se pode tratar igual aos desiguais"


O Consello da Cultura presenta o seu ditame, moi desfavorable ao decreto sobre o plurilingüismo

O organismo da Cultura rexeita a equiparación do inglés ás dúas linguas oficiais, descarta a consulta aos pais e esixe "un papel de reforzo para o galego"

O ditame rexeita de plano tanto a consulta aos pais -«non se xustifica como unha aposta democrática... pode xerar tensións innecesarias nas comunidades educativas e nos centros escolares... imposible de tornar operativa, é invasiva das competencias e responsabilidades da administración»- como a equiparación do inglés ás dúas linguas oficiais autonómicas -«inviable na práctica, ao menos a curto e medio prazo»-.
Tamén pon en cuestión o equilibrio entre o galego e o castelán. O Consello declara que non existe: «Todos os estudos sociolingüísticos avalan que a lingua hexemónica en Galicia é o castelán (aínda que non sexa a maioritaria)». E engade: «A competencia bilingüe nas dúas linguas non se pode asentar sobre a filosofía do equilibrio lingüístico na escola. Require un papel de reforzo para o galego».

O veredicto do Consello da Cultura non admite interpretacións. Reclama un trato máis favorable para o galego. E apela aos políticos e ao Executivo autonómico para que busquen a «unanimidade» nesta materia, para que non se dean «pasos atrás non proceso de recuperación do galego» e para que «deixen de recorrer nos seus discursos ao galego como problema». Segundo Villares, «Non se pode tratar igual aos desiguais».

Ver a noticia completa na Voz de Galicia

29.1.10

A praza do Obradoiro a tope


Estou de acordo contigo Carla, foi un día memorable, e para lembralo podemos ver este vídeo, no que ademais de emocionarnos vendo a praza do Obradoiro enteira cantando o noso himno, podemos practicar as nosas dotes detectivescas buscando a algún coñecido...

26.1.10

PAREMOS ESTE DECRETAZO!!21 DE XANEIRO:)

O pasado xoves 21 de xaneiro tivo lugar en Santiago de Compostela a manifestación contra o actual decreto lingüístico que se quere levar a cabo polo actual partido.

Decenas de miles de manifestantes colapsaron dende o mediodía o centro histórico de Santiago nunha masiva protesta cidadá contra as bases do decreto do galego, que reduce a presencia deste idioma nas aulas e da aos pais voto para elixir a lingua na que se imparten asignaturas troncais. A praza do Obradoiro, cunha capacidade aproximada de 25.000 persoas, estaba completamente chea cando aínda quedaban miles de manifestantes desfilando pola zona vella da cidade hacia o epicentro da protesta. A Policía Local de Santiago calcula que acudiron 30.000 persoas ao chamamento.

Visto o que tivemos oportunidade de ver o 21 de xaneiro do 2010 en Santiago de Compostela, podemos sentirnos satisfeitos e cheos de honra, xa que aínda que moitos reneguen o noso, podemos presumir de deixar por todo o alto a praza do Obradoiro de Santiago, as nosas voces fortes cantando o noso himno e defendendo só o que está dentro de nós e queremos que perdure por e para sempre: A LINGUA GALEGA!

e seguiremos coa loita...

Novos materiais na biblioteca do centro


O centro conta con dende hoxe con materiais que vos poden resultar interesantes.

Temos un DVD que inclúe unha escolma de oitenta e dous capítulos do espazo televisivo Ben Falado!, emitidos na Televisión de Galicia desde xullo de 2008 ata xullo de 2009. Trátase dunha
serie de microespazos que teñen como finalidade a promoción e a difusión da lingua galega e que, asemade, contribúen a un achegamento didáctico ás estruturas lingüísticas do galego a través de explicacións sobre toponimia, fraseoloxía, gramática ou morfoloxía.

Tamén vinte números da revista de cómic galego Galimatías. Esta revista naceu en abril de 2009 co obxectivo de achegar historietas en lingua galega a todos os rapaces e rapazas, e conta coa colaboración dalgúns dos mellores debuxantes de Galicia, como Fran Bueno, Enma Ríos, Ramón
Marcos, Álex Cal ou Macaco. Galimatías confórmano series como “Amor inmortal”, que se ofreceu en primicia na revista; “Hexed. A marca de Lucifer” e mais “Vento do norte”, que chegaron directamente de Estados Unidos; e outras que se crearon en exclusiva para a publicación.
A revista tamén conta cun espazo virtual (http://www.ouniversodegalimatias.com/) que vén de recibir o premio Eganet á mellor web de comunicación 2009.
Trátase dun espazo complementario no que as series e todo o universo Galimatías están reflectidos e ampliados. Nela, podedes atopar distintos contidos relacionados co mundo da banda deseñada, coa animación ou coa música en lingua galega.