14.2.10

Por Haití


Por iniciativa dos rapaces/as do ciclo superior de Educación infantil do I.E.S. Sofía casanova fíxose unha recadación en solidaridade con Haití.
Os alumnos/as de este ciclo tíñamos a necesidade de facer algo en favor das víctimas do terrible terremoto que asolou esta illa. As imaxes impresionantes da tele e dos xornais fixéronnos recapacitar e pensar en todos eses nenos/as que están a quedar sen fogar e sen familia as máis das veces.
Como somos un ciclo moi sensible a todos os problemas da infancia, neste caso, sentimos que non podíamos quedar de brazos cruzados, polo que propuxemos á dirección facer unhas xornadas nas que toda a comunidade educativa deste centro tivese a oportunidade de aportar o seu grao de area pola causa de Haití e, regalamos uns marcapáxinas que nos lembraran que entre todos podemos chegar a mellorar as condicións de vida dun lugar, tan lonxano no mapa pero, que está tan preto do noso corazón.
Desexamos dar as grazas pola vosa participación, que irá íntegra para Unicef, tal e como decidimos por maioría.
Esperamos que non quede aí a nosa proposta e que moitos centros nos sigan e fagan realidade esta mensaxe que queremos transmitir:
"Xuntos podemos facer un mundo mellor, un mundo que non teña máis fronteiras que poñan freo a esta merea de solidaridade".
Haití
View more presentations from merno.

Sem comentários:

Enviar um comentário