25.11.09

"Achegarte" á Coruña esta fin de semana


Esta fin de semana terán lugar na Coruña case 100 actividades adicadas á cultura galega: ACHEGARTE.

Pincha na imaxe e podes acceder á programación: obras de teatro, obradoiros de banda deseñada, graffiti, concertos, etc........e todo de balde!!!

23.11.09


Si queredes amosar a vosa vea literaria, aquí tedes algúns dos certames literarios aos que vos podedes presentar en vindeiras datas.
Picade nestes enlaces:

http://www.culturagalega.org/certames.php
http://axendaaelg.blogaliza.org/category/convocatorias-poesia/
http://axendaaelg.blogaliza.org/category/fallos-poesia/
http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate
http://www.aelg.org
http://www.bvg.udc.es/novas/novas.jsp

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

19.11.09

Posible fichaxe

O Barcelona está pensando en fichar a Robinho e nós estamos en trámites de fichar a Leo arremecaghoná ou En-riquinho, para un concerto que podería ser no Día das Letras Galegas.

Aquí tedes un vídeo no que Leo apréndenos a facer unha canción pop coa que triunfar nos 40 principais.

17.11.09

**Eduardo Blanco Amor** (1897-1979)

Nacido en Ourense no ano 1897, ao que nos seus relatos chama Auria, con agarimo e paixón, no seo dunha familia modesta e autodidacta, comezou a escribir en El diario de Ourense.
Antes de emigrar a Arxentina, participou no ambiente literario da cidade das Burgas e coñeceu o maxisterio de Risco, fundamental no seu posicionamento militante en defensa da causa galega e da universalidade da nosa literatura. Instalado en Bos Aires, proseguiu a súa formación en contacto coa vida cultural da emigración e con intelectuais e artistas do continente. En 1923 fundou con Isla Couto a revista galega Terra e, tres anos máis tarde, ingresou na redacción do diario La Nación. A súa carreira literaria comezou en 1928 coa publicación de Romances Galegos. Tivo contacto con intelectuais do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Aquí escribiu Poema en catro tempos (1931), longa composición sinfónica de filiación vangardista que publicaría na Arxentina.

Xa en Bos Aires, Otero pediulle que colaborase na revista Nós, onde Blanco Amor publicou varias obras, entre elas poemas. Na segunda estadía (1933-35), coñecería algúns dos membros da Xeración do 27 española. Tras o levantamento militar, defendeu desde a Arxentina a legalidade prebélica e o Estatuto de Autonomía e impulsou o espallamento da nosa literatura no continente americano. Porén, até o ano 1956, en que publica Cancioneiro, a súa produción literaria estivo redixida en español, nun intento fallido de se integrar na cultura española. Fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego (1957), agrupación dramática de curta vida. Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga, libro que se constituiría nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega e Xente ao lonxe. Xa de volta en Galiza, regresa tamén á cultura e a lingua galegas, dando ao prelo outra obra de enorme éxito: Os biosbardos (1962). Morreu en Vigo en 1979.

O único que podo dicir é que para min e penso que para moitos de nós, Blanco Amor segue e seguirá a ser un dos grandes no panorama literario galego.

12.11.09

A praia dos afogados. Domingo Villar


Hai uns días rematei de ler unha novela que me enganchou, e que recomendo aos alumnos de 2º bacharelato.

Algúns chámanlle o Stig Larsson galego, pero agás de compartir xénero, a mín non se me parece para nada.

Dúas personaxes moi ben definidas: O inspector Caldas, máis parecido ao inspector Wallander de Henning Mankell que ás personaxes de Millenium, investiga a morte dun mariñeiro que aparece nunha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos.

E Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos, non parece servir de moita axuda, e colle une tremendos rebotes coas respostas ambigüas desta xente que non entende.

Unha parella que daría moito xogo nunha película ou nunha serie televisiva (esta é a segunda novela do inspector Caldas, e pode haber máis entregas).

5.11.09

DKTC: o rap, mellor en galego.



DKTC son as iniciais de Dios ke te Crew, grupo galego de música rap. O grupo nace en Ordes (A Coruña) no ano 2003, trala unión dos grupos "5 talegos" e "Ghamberros", tamén de Ordes.
A súa primeira grabación fíxose para o documental "Hai que botalos", con motivo das eleccións ao Parlamento Galego, a canción chamouse "Herdeiros da Ditadura", que é a súa canción máis popular.
Logo de participacións en festivais e temas soltos, sacan en 2006 o LP "Xénese", sendo o primeiro disco de rap totalmente en galego. O LP ten dazaséis temas, cunhas letras que presentan a realidade cultural, política e social de Galicia, con humor e ironía, vista baixo a punto de vista duns xóvenes de ideoloxía nacionalista. Apreciamos os temas do disco só con ler títulos como "Ke traballe o rei!", "Vas de verde" (crítica á Garda Civil), "Política de asfalto" (crítica do Partido Popular), ou "Colleita´s party" (sobre o agro galego).

Deíxovos co seu, para min, mellor e máis coñecido tema:
"... a lingua mantivémola calándolle ao cacique, falando ao pé do lume só: a lingua vaise a pique... dime cantos son: un, dous, tres, catro... seiscentos anos de represión!"