30.10.09

VI FIADEIRO DE LECTURAS COMPARTIDAS


É unha actividade promovida polo Equipo de Normalización Lingüiística do noso instituto, dirixida aos xoves aos que lles gusta a lectura. Nesta actividade, á parte de falar con outras persoas sobre os libros, tamén aprenderemos a expoñer e expresar cousas diante de máis persoas.

No fiadeiro leremos de maneira individual na nosa casa un libro en galego dalgún/unha autor/a contemporáneo/a; despois, nunca sesión de tarde, xuntarémonos para expoñer a nosa opinión. En principio leremos só dúa obras, que serán acordadas entre todos/as os/as interesados/as. Dicir ademais que non haberá que mercar os textos, pediremos un préstamo na biblioteca.
Para apuntarse, fala co profesorado de Lngua Galega e Literatura.

Ferrol, 21 de outubro do 2009
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Sem comentários:

Enviar um comentário