27.2.11

Premio concurso de cartas: Dillo A Que Maltrata

Cecilia Ramil (1º E.S.O.), foi unha das gañadoras do concurso "Dillo A Quen Maltrata". Esta foi a carta coa que participou.

19-11-2010

Laura!

Gracias por felicitarme polo meu aniversario. Agora xa é oficial, xa teño 8 anos. Gustoume moito o teu regalo! Meus pais regaláronme o boli co que escribo, ademais de un disco de música e algunhas cousas máis. A miña nai díxome que este ano non me podían regalar moitas cousas porque estamos nun “bache”. Aínda non decubrín ó que se refería con esa palabra. Ultimamente meu pai está enfadado. Non para de botar berros pola casa. Miña nai ás veces está inquieta, triste… Creo que lle ten medo a meu pai. O outro día, estaba eu durmindo, e espertei porque meu pai estaba outra vez berrando, pero berráballe a miña nai. Miña nai choraba, dicía que non quería que se enfadase, e el dicía que non a aturaba, que non servía para nada… Eu creo que iso non é verdade,porque a miña nai fai a comida, vai traballar todos os días, coida de min, limpa a casa… Pero creo que meu pai confundiuse. Ao día seguinte, díxolle ao xantar que non volvería a pasar nada, e que o que pasara fora cousa do enfado. Eu pregunteilles que que pasaba e meu pai dixo que era mellor que fora ver a tele. Non puiden resistirme, non fun ver a televisión, quedeime preto da cociña para escoitalos. Miña nai dicía que xa dixera moitas veces que no fondo a quería, pero que se enfadaba, e que ela estaba farta. Creo que ao meu pai non lle sentou moi ben isto, porque comezou a berrar como tantas otras veces atrás e dicirlle de novo que era unha inútil, que non recordaba porque casara con ela, que cada vez pensaba que era máis torpe, menos traballadora… Dicía que grazas a el había para comer na casa, que era el o que cobraba máis. Eu creo que tamén estaría enfadada. Meu pai sempre di que traballa moito, e non creo que sexa mentira. Tamén é certo que miña nai traballa bastante, pero cada vez que comete un mínimo erro, di que seu marido ten razón, que é unha inútil, que cada vez fai peor as cousas… Non creo que che interese moito o que pasa na miña casa, pero só podo falar disto contigo, porque ningún dos dous quere dicirme nada. Estou desexando que volvas e poder ir a túa casa e xogar contigo, para non ter que oír tantos berros. Miña nai di que non quere deixarme soa co meu pai, porque agora está moi estresado, pero creo que é porque ten medo de que meu pai me faga algo malo. Miña nai o outro día traía uns moratóns nos brazos, no corpo, e un no ollo. Ao final o que che dixen de que de maior quería casar con Marco, pensándoo mellor, non quero casar nunca. Vendo como é en realidade o matrimonio…

Espero verte pronto! Bicos!

23.2.11

BASES DO XI CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA (POESÍA E IMAXE) EN GALEGO SEN FILTRO

I.E.S. S. CASANOVA / EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

BASES DO XI CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE EN GALEGO SEN FILTRO

1) Poderá participar todo o alumnado matriculado/a no I.E.S. Sofía Casanova.

2) @s participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: DEBUXO, PINTURA, COLAXE ou FOTOGRAFÍA.

3) Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha de entre as 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no ANEXO destas Bases. O autor ou autora deberá indicar, no reverso da obra, o texto por el/ela seleccionado.

4) Niveis de participación:

ESO

Bacharelato e Ciclos Formativos.

5) O xurado outorgará un premios de 40 € por cada nivel.

6) O prazo para a entrega dos traballos remata o 18 de marzo de 2010.

7) A obra gañadora de cada nivel participará nunha exposición pública organizada polo CONCELLO DE FERROL. As obras editadas pasarán a ser propiedade do Concello, podendo doárllelas aos centros de ensino nos que estean matriculados os/as alumnos/as seleccionados/as.

8) Os orixinais entregaranse ás profesoras do Departamento de Lingua ou á Coordinadora do EDL, L. Suárez.

Ferrol, 8 de febreiro de 2011

EDL do I.E.S. S. CASANOVA

9.2.11

1º Concurso de curtametraxes pola igualdade de xénero


O Concello de Ferrol convoca, a través da Casa da muller, o primeiro concurso de curtametraxes denominado "pola igualdade de xénero". Podedes aportar vídeos dun máximo de duración de 10 minutos, nos que se valorará sobre todo o contido, o tratamento do tema e a creatividade. Pódense baixar as bases da páxina do concello www.ferrol.es, para entrar directanente pinchade aquí. Animádevos!!! Hai de prazo ata o 11 de marzo.

Lembro dun que vin o ano pasado polo antroido.....