29.12.09

FUNGI: o reino dos recicladores

Ancorados ao chan entre o humus do bosque, en prados húmidos e umbríos ou sobre unha morea de esterco, os fungos non semellan animais pero tampouco son plantas. Constitúen un reino independente coas súas singularidades: son heterótrofos, coma os animais (obteñen o seu alimento doutros seres vivos), non se desprazan e reprodúcense por esporas.

Moitos fungos podrecen a madeira e moitos restos orgánicos, reciclan a materia e fana chegar ás plantas para que nada se perda no camiño da materia. Son os recicladores.


A parte visible de moitos fungos, formada polo pé e o sombreiro, é coñecida como cogomelo ou seta e é o órgano reprodutor dos fungos pluricelulares, como as amanitas ou os champiñóns.


Todos os cogomelos son fungos, pero hai tamén fungos coma as levaduras, os mofos, os esclerodemas, as pezizas, o vómito de bruxa, o peido de lobo... que non desenvolven pé nin sombreiro, aínda que todos necesitan da caída das esporas no chan para se reproduciren.


Cando recollemos cogomelos, para comer ou expoñer, debemos deixar no chan a súa conexión coa terra, que é o que chamamos micelio: non se ve, pero o vindeiro ano xermolará de novo e sairán novos individuos máis ou menos no mesmo lugar.


As observacións no campo coa axuda de persoas experimentadas, as exposicións didácticas, os cursos realizados polos concellos concienciados polo tema, etc. son dun valor incalculable para poder coñecelos e gozar deles.


UN CASO PARTICULAR

De entre todos os fungos, hai un que sobresae entre todos os demais no que a mitoloxía se refire: trátase da Amanita muscaria, coñecida en galego como reventabois ou matamoscas debido ás súas propiedades alucinóxenas e psicoactivas.

Moitas tribos siberianas empregaron cogomelos de Amanita muscaria (ou, como se denominaban en Siberia, "wapaq") como vehículo para acadar a éxtase en rituais chamánicos. A lenda conta que un heroe cultural chamado “Gran Corvo” capturou unha balea, pero non era quen de devolvela ó mar, e implorou a unha divindade superior, Vahiyinin, quen lle di que vaia a un determinado lugar, onde atopará os wapaq: se os come, daranlle a forza necesaria para axudar á balea. Vahinin cospe sobre a terra, e alí onde cae a saliva medran os wapaq. Unha vez inxeridos, consegue axudar á balea e, eufórico, exclama: “¡Oh, wapaq, medrade sempre sobre a terra!

Tamén protagoniza outra lenda, presente na antiga Iugoslavia nos anos 50. Nela cóntase como o deus Wotan, fustrigado por unha lexión de demos cabalga polo bosque a fume de carozo. Os espumallos de sangue que caen da boca do seu esgotado cabalo son a orixe destas amanitas, que agroman no bosque ao ano seguinte, cos seus sombreiros vermellos polo sangue e tinguidos de saliva en forma de copiños brancos.


Por último, en Guatemala o raio enxendra a Amanita muscaria, coñecida polo pobo maia-quiché como “Kakuljá okox” (fungo do raio) e vencellada ó deus do lóstrego, Rajaw Kakuljá, quen tamén dirixe aos chacs, unha sorte de ananos portadores da chuvia.

Como conclusión, hai que recalcar a importancia dos fungos alucinóxenos, especialmente a Amanita muscaria, na creación de mitos e o seu papel coma sacramento en moitas relixións animistas.


Feliz Nadal e próspero aninovo a todos.

22.12.09

FELICITACIÓNS DE NADAL EN INGLÉS

Este ano a profesora Mª José Vázquez e eu mesma, Mª de los Ángeles Quintana, propuxémoslles ós alumnos de 1º ESO (A e B) e 2º ESO (A, B e C) elaborar tarxetas de felicitación en inglés para dárllelas ós amigos e achegados.
A resposta foi tan boa (en cantidade e calidade) que lle propuxemos ó director outorgar un premio por curso á mellor tarxeta.
As gañadoras foron por 1º A Estefanía Rodríguez Galdo, 1ºB Antía Rodríguez Vázquez, 2ºA Andrea López Picos, 2ºB Mónica López López e 2º C Marta Eireos Currás.
Os premios consistiron nun vale por valor de 15€ e un libro de lectura en inglés para cada unha das gañadoras.
Ademais, serviunos para decorar a entrada.
Esperamos que o ano que vén se repita.

http://picasaweb.google.es/infoxan/ConcursoPostalNadal2009?authkey=Gv1sRgCP3gsZvRsbiCKw&feat=email#

19.12.09

Por un nadal para todos

Este ano, nas festas, temos a oportunidade de ser solidarios pasándoo ben en "Ócio nadal" ( onde podes canxear un xoguete novo, que chegará aos nen@s dos que sempre se esquece Papá Noel, por unha entrada) e mercando os agasallos no "Mercado de artesanía, comercio xusto e productos ecolóxicos", ademais de encher o bandullo de turrón e lambetadas...

Si queredes ver máis debuxos de Leandro Lamas, que a min persoalmente me encantan, podes ver o seu blog pinchando aquí: http://leandrolamas.blogspot.com/


Que teñades boas festas. Espero que vos guste esta panxoliña. E si queredes disfrutar de unha manchea de elas, cada cal mellor, podédelas atopar no Quiquiriquí onde as interpretan cantantes tan emblemáticos como: Mini, Guadi Galego, Pilocha, Uxía,...Son preciosas !!!!!

12.12.09

ORELLA PENDELLA

Si queredes ver unha páxina na que se recopilan todo tipo de ditos, recitados, cancións de berce,etc... co obectivo de que a cultura galega non se perda na próxima xeración, e que os nosos fillos teñan o privilexio de escoitar as mesmas verbas dos nosos avós, e así podan herdar esa retranca da sabiduría popular galega.

Podes ver esta páxina, aprender algún recitado,... e si queres facer algunha aportación que non está rexistrada, podes incorporala á súa base de datos.
http://www.orellapendella.org/

8.12.09

Unha gran variedade de música en galego


Atopei un blogue que ten dixitalizada e lista para descargar todo tipo de música en galego:


A idea deste blogue é recuperar obras da nosa música galega, que foron quedando acurrunchadas polo paso do tempo en vellos vinilos, casetes, singles, EP's, etc. e que están agardando unha oportunidade para ser dixitalizadas e espalladas de novo.

Non tedes mais que ir abaixo da páxina para ver a listaxe completa. Espero que sexa de utilidade.