27.2.11

Premio concurso de cartas: Dillo A Que Maltrata

Cecilia Ramil (1º E.S.O.), foi unha das gañadoras do concurso "Dillo A Quen Maltrata". Esta foi a carta coa que participou.

19-11-2010

Laura!

Gracias por felicitarme polo meu aniversario. Agora xa é oficial, xa teño 8 anos. Gustoume moito o teu regalo! Meus pais regaláronme o boli co que escribo, ademais de un disco de música e algunhas cousas máis. A miña nai díxome que este ano non me podían regalar moitas cousas porque estamos nun “bache”. Aínda non decubrín ó que se refería con esa palabra. Ultimamente meu pai está enfadado. Non para de botar berros pola casa. Miña nai ás veces está inquieta, triste… Creo que lle ten medo a meu pai. O outro día, estaba eu durmindo, e espertei porque meu pai estaba outra vez berrando, pero berráballe a miña nai. Miña nai choraba, dicía que non quería que se enfadase, e el dicía que non a aturaba, que non servía para nada… Eu creo que iso non é verdade,porque a miña nai fai a comida, vai traballar todos os días, coida de min, limpa a casa… Pero creo que meu pai confundiuse. Ao día seguinte, díxolle ao xantar que non volvería a pasar nada, e que o que pasara fora cousa do enfado. Eu pregunteilles que que pasaba e meu pai dixo que era mellor que fora ver a tele. Non puiden resistirme, non fun ver a televisión, quedeime preto da cociña para escoitalos. Miña nai dicía que xa dixera moitas veces que no fondo a quería, pero que se enfadaba, e que ela estaba farta. Creo que ao meu pai non lle sentou moi ben isto, porque comezou a berrar como tantas otras veces atrás e dicirlle de novo que era unha inútil, que non recordaba porque casara con ela, que cada vez pensaba que era máis torpe, menos traballadora… Dicía que grazas a el había para comer na casa, que era el o que cobraba máis. Eu creo que tamén estaría enfadada. Meu pai sempre di que traballa moito, e non creo que sexa mentira. Tamén é certo que miña nai traballa bastante, pero cada vez que comete un mínimo erro, di que seu marido ten razón, que é unha inútil, que cada vez fai peor as cousas… Non creo que che interese moito o que pasa na miña casa, pero só podo falar disto contigo, porque ningún dos dous quere dicirme nada. Estou desexando que volvas e poder ir a túa casa e xogar contigo, para non ter que oír tantos berros. Miña nai di que non quere deixarme soa co meu pai, porque agora está moi estresado, pero creo que é porque ten medo de que meu pai me faga algo malo. Miña nai o outro día traía uns moratóns nos brazos, no corpo, e un no ollo. Ao final o que che dixen de que de maior quería casar con Marco, pensándoo mellor, non quero casar nunca. Vendo como é en realidade o matrimonio…

Espero verte pronto! Bicos!

Sem comentários:

Enviar um comentário