26.1.10

PAREMOS ESTE DECRETAZO!!21 DE XANEIRO:)

O pasado xoves 21 de xaneiro tivo lugar en Santiago de Compostela a manifestación contra o actual decreto lingüístico que se quere levar a cabo polo actual partido.

Decenas de miles de manifestantes colapsaron dende o mediodía o centro histórico de Santiago nunha masiva protesta cidadá contra as bases do decreto do galego, que reduce a presencia deste idioma nas aulas e da aos pais voto para elixir a lingua na que se imparten asignaturas troncais. A praza do Obradoiro, cunha capacidade aproximada de 25.000 persoas, estaba completamente chea cando aínda quedaban miles de manifestantes desfilando pola zona vella da cidade hacia o epicentro da protesta. A Policía Local de Santiago calcula que acudiron 30.000 persoas ao chamamento.

Visto o que tivemos oportunidade de ver o 21 de xaneiro do 2010 en Santiago de Compostela, podemos sentirnos satisfeitos e cheos de honra, xa que aínda que moitos reneguen o noso, podemos presumir de deixar por todo o alto a praza do Obradoiro de Santiago, as nosas voces fortes cantando o noso himno e defendendo só o que está dentro de nós e queremos que perdure por e para sempre: A LINGUA GALEGA!

e seguiremos coa loita...

Sem comentários:

Enviar um comentário