Ancorados ao chan entre o humus do bosque, en prados húmidos e umbríos ou sobre unha morea de esterco, os fungos non semellan animais pero tampouco son plantas. Constitúen un reino independente coas súas singularidades: son heterótrofos, coma os animais (obteñen o seu alimento doutros seres vivos), non se desprazan e reprodúcense por esporas.
Moitos fungos podrecen a madeira e moitos restos orgánicos, reciclan a materia e fana chegar ás plantas para que nada se perda no camiño da materia. Son os recicladores.
A parte visible de moitos fungos, formada polo pé e o sombreiro, é coñecida como cogomelo ou seta e é o órgano reprodutor dos fungos pluricelulares, como as amanitas ou os champiñóns.
Todos os cogomelos son fungos, pero hai tamén fungos coma as levaduras, os mofos, os esclerodemas, as pezizas, o vómito de bruxa, o peido de lobo... que non desenvolven pé nin sombreiro, aínda que todos necesitan da caída das esporas no chan para se reproduciren.
Cando recollemos cogomelos, para comer ou expoñer, debemos deixar no chan a súa conexión coa terra, que é o que chamamos micelio: non se ve, pero o vindeiro ano xermolará de novo e sairán novos individuos máis ou menos no mesmo lugar.
As observacións no campo coa axuda de persoas experimentadas, as exposicións didácticas, os cursos realizados polos concellos concienciados polo tema, etc. son dun valor incalculable para poder coñecelos e gozar deles.

UN CASO PARTICULAR
De entre todos os fungos, hai un que sobresae entre todos os demais no que a mitoloxía se refire: trátase da Amanita muscaria, coñecida en galego como reventabois ou matamoscas debido ás súas propiedades alucinóxenas e psicoactivas.
Moitas tribos siberianas empregaron cogomelos de Amanita muscaria (ou, como se denominaban en Siberia, "wapaq") como vehículo para acadar a éxtase en rituais chamánicos. A lenda conta que un heroe cultural chamado “Gran Corvo” capturou unha balea, pero non era quen de devolvela ó mar, e implorou a unha divindade superior, Vahiyinin, quen lle di que vaia a un determinado lugar, onde atopará os wapaq: se os come, daranlle a forza necesaria para axudar á balea. Vahinin cospe sobre a terra, e alí onde cae a saliva medran os wapaq. Unha vez inxeridos, consegue axudar á balea e, eufórico, exclama: “¡Oh, wapaq, medrade sempre sobre a terra!
Tamén protagoniza outra lenda, presente na antiga Iugoslavia nos anos 50. Nela cóntase como o deus Wotan, fustrigado por unha lexión de demos cabalga polo bosque a fume de carozo. Os espumallos de sangue que caen da boca do seu esgotado cabalo son a orixe destas amanitas, que agroman no bosque ao ano seguinte, cos seus sombreiros vermellos polo sangue e tinguidos de saliva en forma de copiños brancos.
Por último, en Guatemala o raio enxendra a Amanita muscaria, coñecida polo pobo maia-quiché como “Kakuljá okox” (fungo do raio) e vencellada ó deus do lóstrego, Rajaw Kakuljá, quen tamén dirixe aos chacs, unha sorte de ananos portadores da chuvia.

Como conclusión, hai que recalcar a importancia dos fungos alucinóxenos, especialmente a Amanita muscaria, na creación de mitos e o seu papel coma sacramento en moitas relixións animistas.
Feliz Nadal e próspero aninovo a todos.
Sem comentários:
Enviar um comentário