17.11.09

**Eduardo Blanco Amor** (1897-1979)

Nacido en Ourense no ano 1897, ao que nos seus relatos chama Auria, con agarimo e paixón, no seo dunha familia modesta e autodidacta, comezou a escribir en El diario de Ourense.
Antes de emigrar a Arxentina, participou no ambiente literario da cidade das Burgas e coñeceu o maxisterio de Risco, fundamental no seu posicionamento militante en defensa da causa galega e da universalidade da nosa literatura. Instalado en Bos Aires, proseguiu a súa formación en contacto coa vida cultural da emigración e con intelectuais e artistas do continente. En 1923 fundou con Isla Couto a revista galega Terra e, tres anos máis tarde, ingresou na redacción do diario La Nación. A súa carreira literaria comezou en 1928 coa publicación de Romances Galegos. Tivo contacto con intelectuais do Partido Galeguista e do Grupo Nós. Aquí escribiu Poema en catro tempos (1931), longa composición sinfónica de filiación vangardista que publicaría na Arxentina.

Xa en Bos Aires, Otero pediulle que colaborase na revista Nós, onde Blanco Amor publicou varias obras, entre elas poemas. Na segunda estadía (1933-35), coñecería algúns dos membros da Xeración do 27 española. Tras o levantamento militar, defendeu desde a Arxentina a legalidade prebélica e o Estatuto de Autonomía e impulsou o espallamento da nosa literatura no continente americano. Porén, até o ano 1956, en que publica Cancioneiro, a súa produción literaria estivo redixida en español, nun intento fallido de se integrar na cultura española. Fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego (1957), agrupación dramática de curta vida. Antes de abandonar definitivamente América, Blanco Amor publicou A Esmorga, libro que se constituiría nun dos grandes fitos da renovación da narrativa galega e Xente ao lonxe. Xa de volta en Galiza, regresa tamén á cultura e a lingua galegas, dando ao prelo outra obra de enorme éxito: Os biosbardos (1962). Morreu en Vigo en 1979.

O único que podo dicir é que para min e penso que para moitos de nós, Blanco Amor segue e seguirá a ser un dos grandes no panorama literario galego.

2 comentários:

  1. Quería poñer unha fotiño pero non me furulaa!!!jaja
    en fin...síntoo moito!
    saúdiños.

    ResponderEliminar
  2. primeiro terías que gardar a imaxe no teu ordenador, e despois na ventá na que escribes a entrada darlle a icona de "engadir imaxe" e decirlle onde a gardaches.
    saúdos e parabéns por animarte a subir contidos ao blogue

    ResponderEliminar