5.11.09

DKTC: o rap, mellor en galego.



DKTC son as iniciais de Dios ke te Crew, grupo galego de música rap. O grupo nace en Ordes (A Coruña) no ano 2003, trala unión dos grupos "5 talegos" e "Ghamberros", tamén de Ordes.
A súa primeira grabación fíxose para o documental "Hai que botalos", con motivo das eleccións ao Parlamento Galego, a canción chamouse "Herdeiros da Ditadura", que é a súa canción máis popular.
Logo de participacións en festivais e temas soltos, sacan en 2006 o LP "Xénese", sendo o primeiro disco de rap totalmente en galego. O LP ten dazaséis temas, cunhas letras que presentan a realidade cultural, política e social de Galicia, con humor e ironía, vista baixo a punto de vista duns xóvenes de ideoloxía nacionalista. Apreciamos os temas do disco só con ler títulos como "Ke traballe o rei!", "Vas de verde" (crítica á Garda Civil), "Política de asfalto" (crítica do Partido Popular), ou "Colleita´s party" (sobre o agro galego).

Deíxovos co seu, para min, mellor e máis coñecido tema:
"... a lingua mantivémola calándolle ao cacique, falando ao pé do lume só: a lingua vaise a pique... dime cantos son: un, dous, tres, catro... seiscentos anos de represión!"

2 comentários:

  1. Moi bo.
    A min, aínda que non che son moito de rap, gústame moito de Dios ke te crew a súa PROFECÍA. Ten unha mensaxe coa que non podo estar máis de acordo
    Podes escoitala no seguinte enlace:
    http://www.goear.com/listen/e2d009a/profecia-dios-ke-te-crew

    ResponderEliminar
  2. Está xeniial a verdadee!!!:)
    Penso que é un grupo bastante bo, e sobre todo a súa mensaxe creo que é totalmente certa!!!:)

    ResponderEliminar